Alberto Varo, branquivermello ata o 2022

I.M.B.

CDLUGO

VICTOR SALGADO

O porteiro tarraconense chegou ao CD Lugo a principios da actual tempada procedente do Barcelona B

02 abr 2019 . Actualizado ás 20:11 h.

Alberto Varo botará raíces no Club Deportivo Lugo. O porteiro tarraconense, de 25 anos, acadou un acordo cos dirixentes do club para prolongar o seu contrato ata o final da tempada 2021-2022.

Varo incorporouse á disciplina branquivermella procedente do filial do Barcelona como reforzo estival para o presente curso e o seu protagonismo cínguese aos partidos de Copa de Rey . Disputou completas as eliminatorias ante o Albacete (2-3) e Alcorcón (1-0) ?a partido único? e ante o Levante ?1-1 no Anxo Carro e 2-0 no Ciutat de València?. No campionato de liga permanece inédito. Juan Carlos custodiou a porteira branquivermella en todos os encontros disputados.