O goberno de Zas esixe ao Sergas que cubra a praza vacante de pediatría

La Voz CEE / LA VOZ

ZAS

cedida

O malestar vén de lonxe porque xa en xuño do ano pasado reducíronlle a atención a 15 horas semanais repartidas entre Baio e Zas, que consideran insuficientes para as 330 cartillas existentes

05 ene 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

O goberno municipal de Zas esíxelle ao Sergas que «cubra de forma inmediata a praza de pediatra que vén de quedar vacante». Sinalan desde o Concello que recibiron moitas queixas de familias do municipio porque o servizo quedou descuberto e tampouco hai previsión de que se substitúa con outro profesional ao longo de toda a semana que vén. «Esta situación obriga ás familias de Zas a desprazarse ao centro de saúde de Vimianzo, saturando así a carteira de doentes deste facultativo ou a colapsar o servizo de urxencias cando se trata de consultas propias da atención primaria», denuncian.

Ademais, no caso de Zas o malestar vén de lonxe porque xa en xuño do ano pasado reducíronlle a atención a 15 horas semanais repartidas entre Baio e Zas, que consideran insuficientes para as 330 cartillas existentes.