Martes de entroido será xornada festiva en seis concellos da comarca

La Voz CARBALLO / LA VOZ

ZAS

Son Cabana, Camariñas, Coristanco, Cerceda, A Laracha e Malpica

27 dic 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

Martes de entroido (tocará o 5 de marzo no 2019) é, un ano máis, o día que en maior número elixiron os concellos da zona como festivo local. Son dous menos que no ano que está a piques de acabar, xa que en cada exercicio hai que cadrar calendarios en función de que outros días importantes caian ou non en fin de semana, ou que mesmo poida coincidir ou non cos festivos autonómicos. Os concellos elixen sempre dous.

Carballo reserva os seus para as dúas xornadas principais do San Xoán. Zas, tamén ambos o mesmo mes, en xullo, o mesmo que Laxe, en agosto, ou Ponteceso, en setembro. Nos demais hai variedade.