Só dous triunfos en cinco choques para a AD Zas Tenis de Mesa

La Voz CARBALLO / LA VOZ

ZAS

ANA GARCIA

Os resultados positivos chegaron da man do O Pinar e de o Construcións Cernadas

21 novs 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

Xornada moi irregular nos partidos correspondentes ás distintas ligas masculinas nas que compiten os equipos da Agrupación Deportiva Zas de tenis de mesa. Os resultados positivos chegaron da man do O Pinar, que logrou a súa primeira vitoria en Segunda Galega, e ademais de forma contundente, contra o Club do Mar (4-0), e do Construcións Cernadas en Primeira galega, que se impuxo de forma axustada ao Arteal Fiestras (3-4).

A parte negativa da xornada estivo no Ponciano Neto en Segunda Nacional, que fracasou no seu desprazamento a Vilagarcía (4-2), de onde tiña que traer o triunfo para seguir con opcións de salvar a categoría; no Concello de Mazaricos en Terceira Nacional, que loitou ata o final en Ribadeo pero sen conseguir o seu merecido premio (4-3), e no VTM Pinturas Figueiras en Segunda Galega, que puido facer máis ante os coruñeses do Finisterre Deseñarte (2-4).