As carencias en pediatría volven mobilizar ás familias de Zas

La Voz CARBALLO / LA VOZ

ZAS

BASILIO BELLO

Haberá concentracións, esta tarde, no centro de saúde de Baio (17.00) e no de Zas (18.00)

20 oct 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

As familias agrupadas no colectivo Zas sen Recortes en Pediatría concentraranse esta tarde nos centros de saúde de Baio (17 horas) e Zas (18.00 horas). Os convocantes agardan que acudan moitos veciños porque consideran que a asistencia pediátrica é un asunto que interesa a toda a sociedade.

A organización xurdiu cando as vacacións deixaron a zona moi mal atendida e mantense porque non se volveu á situación de partida. Entregaron máis de mil asinas e instalaron pancartas polo municipio.