O Concello de Vimianzo empeza a renovación de 4.500 puntos de luz con tecnoloxía led

La Voz CARBALLO / LA VOZ

VIMIANZO

Ana Garcia

Os traballos custarán máis de dous millóns de euros, pero están subvencionados polo IDAE

18 oct 2021 . Actualizado ás 05:00 h.

O Concello de Vimianzo comezará esta semana coa renovación da iluminación exterior de todo o municipio. Son, en total, 4.500 puntos de luz que serán substituídos con tecnoloxía led grazas a unha millonaria subvención do Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE). A entidade achegará o 80 % dos 2,3 millóns de euros que custará a renovación, mentres que o Concello desembolsará o 20 % restante: 472.473,70 euros, financiados co remanente. Na primeira metade deste ano o procedemento de contratación destes traballos centrou un enfrontamento político entre forzas da corporación vimiancesa.