Vimianzo remata a pavimentación interior do núcleo de Novelle

La Voz CARBALLO / LA VOZ

VIMIANZO

O tenente de alcalde, Víctor Muíño, indicou que eran traballos «demandados pola veciñanza»

17 abr 2021 . Actualizado ás 22:30 h.

Os traballos que o Concello de Vimianzo estaba a realizar no nucleo de Novelle finalizaron. A medida consistiu na renovación da pavimentación interior, o perfilado de cunetas, a colocación dunha canle no centro, a modificación de recrecidos das tapas de rexistro dos pozos, sumidoiros e arquetas. Ademais instaláronse os colectores de PVC enterrados e instalouse unha nova rede para a recollida de pluviais e unha preinstalación das augas residuais. O tenente de alcalde, Víctor Muíño, indicou que eran «demandados pola veciñanza e impulsámolos porque, tras os análises previos, vimos que eran moi necesarios, como o son noutros moitos puntos. Por iso a intención é chegar ás 14 parroquias e aos 133 núcleos».