Adeus a Santiago Furelos, mítico auxiliar farmacéutico en Vimianzo

La Voz CARBALLO / LA VOZ

VIMIANZO

Ana Garcia

O funeral será este xoves, ás cinco da tarde, na igrexa de San Vicente

15 abr 2021 . Actualizado ás 17:39 h.

Vimianzo despedirá este xoves na igrexa parroquial de San Vicente a Santiago Furelos García, que foi auxiliar de farmacia durante 44 anos e que faleceu aos 83 anos de idade. Aínda que naceu en Vedra, chegou a Vimianzo sendo mozo e acabou facendo a súa vida na localidade. Era un veciño máis e, a pesar de que estaba xubilado desde o 2002, para moitos seguía sendo «Santiago, o da farmacia».

Contaba a este medio en 2018 que cando lle faltaban apenas dous ou tres meses para acabar a mili, un amigo propúxolle vir a Vimianzo seis meses. Ao final foron máis de sesenta anos os que estivo vinculado á capital soneirana, e corenta e catro de cara ao público na botica, na que el mesmo elaborou ungüentos e pomadas nos tempos de máis escaseza. Solidariedade cos máis desfavorecidos, mente aberta para as innovacións e moita man esquerda fixeron falta neses tempos.

Santiago deixa viúva, Cita Deus Rodríguez; dous fillos, María e José e Pablo, e outros dous netos. Os seus restos mortais son velados no tanatorio San Vicente e o funeral oficiarase ás cinco da tarde do xoves.