En Somonte, Vimianzo, quedaron sen unha fonte tras a explanación da autovía

La Voz CARBALLO / LA VOZ

VIMIANZO

Ana Garcia

Segundo explican, ao principio quedaron en facer un pequeno viaduto, pero en realidade levaron a cabo un recheo

10 abr 2021 . Actualizado ás 22:06 h.

En Somonte , un lugar de Vimianzo no que viven catro familias, protestan porque desde que se fixo o desmonte para a autovía, aínda sen facer neste tramo, quedaron sen unha fonte. Segundo explican, ao principio quedaron en facer un pequeno viaduto, pero en realidade levaron a cabo un recheo e con iso taparon unha fonte, cuxa auga movía un muíño e abastecía un lavadoiro que adoitaban utilizar. Nunca tiveron solución.