Case mil presentas nas visitas guiadas de Semana Santa en Vimianzo

La Voz CARBALLO / LA VOZ

VIMIANZO

basilio belo

A esta cantidade habería que sumar aquelas que seguiron por libre o itinerario Cantos séculos podes percorrer nun día?

10 abr 2021 . Actualizado ás 15:17 h.

Case un milleiro de persoas (959, exactamente) gozaron esta semana Santa das visitas guiadas que ofreceu o Concello de Vimianzo no castelo, os Batáns do Mosquetín e o castro das Barreiras. A esta afluencia habería que sumar a daqueles visitantes que empregaron o itinerario de libre asistencia creado baixo o lema de ?, Cantos séculos podes percorrer nun díae que incluía os Penedos, dólmenes, o Vieiro Fidalgo, a necrópole de Tines, o porto de Cereixo, Monte Torán, as fervenzas de Cambeda, a ruta de Calo a Castrobuxán ou a do encoro da Fervenza, ademais dos puntos xa mencionados. Para iso, os usuarios tiñan á súa disposición un mapa cos principais lugares e podían apoiarse na conta municipal de Wikiloc e nas audioguías de vimianzo.mobi.

Desde o Concello vimiancés agradeceron este sábado a todos cantos se desprazaron ao municipio, polo seu comportamento «exemplar» en canto ao respecto á contorna e ao cumprimento das medidas sanitarias polo covid.