«Pedrina na montaña», patrimonio e teatro en Vimianzo

La Voz CARBALLO / LA VOZ

VIMIANZO

Ana Garcia

Soraya Lema ofrecerá hoxe unha  nova entrega desta historia, para escolares

21 oct 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

Escolares de infantil e primaria de Vimianzo foron onte e serán hoxe, tamén, os destinatarios de Pedrina na montaña, unha historia sobre os Penedos de Pasarela e Traba contada de forma lúdica por Soraya Lema, que ademais, é vimiancesa. Empoderamiento, coñecemento e sabedoría xeracional están presentes neste texto. A súa autora destaca que todo é saído da Costa da Morte, desde os debuxos ás figuras, e reseña así mesmo a súa alegría «pola aposta cultural e polo teatro».