Enterrado en Cereixo o taxista porteño Fernando Bértola

La Voz CARBALLO / LA VOZ

VIMIANZO

Jose Manuel Casal

Foi, entre outros cargos, un dos presidentes do Casino da Ponte do Porto, do que na actualidade era un dos socios máis veteranos

21 oct 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

Fernando Bértola Rial, coñecido como Pelocho, faleceu o luns na Ponte do Porto aos 88 anos. Taxista de profesión na localidade na que residía, deixa viúva (Benita) e tres fillos, Fernando, Alberto e José Bértola Bértola, este último avogado e veterano árbitro de fútbol, desde principios dos 80. Os outros son taxista (o maior, seguindo o oficio do seu pai, xubilado fai moito) e profesor, respectivamente.

O enterro foi onte pola tarde na igrexa de Cereixo (Vimianzo), parroquia da que era natural, con saída ás 16.45 horas do tanatorio de San Pedro da Ponte do Porto, da empresa San Vicente. Fernando Bértoa foi, entre outros cargos, un dos presidentes do Casino da Ponte do Porto, do que na actualidade era un dos socios máis veteranos.