A axenda cultural para hoxe e mañá na Costa da Morte

I. A Carballo / LA VOZ

VIMIANZO

Actuación del dúo el verano pasado en Ourense
Actuación do dúo o verán pasado en Ourense MIGUEL VILLAR

Estrelas, visitas guiadas e teatro

13 ago 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

Hoxe e mañá • Desde as 23.00 horas • A choiva de estrelas das Perseidas poderase gozar desde Dombate, grazas ao físico baiés Jorge Mira. Conducirá a observación astronómica, iniciada onte, e seguirá mañá. As entradas xa se esgotaron e a capacidade é limitado, debido ao covid-19.

Hoxe Visitas guiadas en Vimianzo • Capacidade de 25 persoas por visita • Vimianzo Turismo organiza unhas visitas guiadas e gratuítas durante este mes. Realizaranse por diferentes lugares do concello como O Castelo, Batáns do Mosquetín, Porto de Cereixo ou Pedra Cuberta, entre outros. Estas visitas repártense ao longo da semana, con diferentes horarios.

Mañá • Carballo • 20.30 horas • Rúa Jacinto Amigo • O dúo artístico Delirium, integrado por Mercè Solé e Raquel Oitavén, actuará no programa Verán Cultural de Carballo. As persoas que acudan ao espectáculo, con capacidade limitada, poderán gozar dunha noite de bailes verticais, malabares, voos e contorsionismo.