Dúas citas culturais a ter en conta para hoxe na zona

M. R. CARBALLO / LA VOZ

VIMIANZO

BASILIO BELLO

Cee e Vimianzo serán escenario dunha actuación musical e unha obra teatral, respectivamente

10 ago 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

A Costa da Morte ten hoxe dúas citas culturais destacadas en Cee e Vimianzo. Ambas forman parte dos programas de senllos concellos.

No primeiro, Pepe Vaamonde Trío (a versión reducida da banda Pepe Vaamonde Grupo) ofrecerá un pequeno concerto ás 21.00 horas na Praza Otero Lastres. Myriam González ao acordeón, Pipo Alvariño á guitarra e voz, e Pepe Vaamonde coa gaita, a frauta e a voz centrarán o seu repertorio en temas encamiñados ao baile tradicional.

Dúas horas antes, ás 19.00, na Praza do Concello de Vimianzo, celebrarase «Pura Alegría», de Teatro Caveira. Este sábado houbo acrobacias aéreas no espectáculo «A Coquette», de Kanbahiota.