Un cuco sorprendeu na ruta ornitológica de Vimianzo

La Voz

VIMIANZO

X. AMEIXEIRAS

O grupo naturalista Hábitat, con Santiago e Óscar Vázquez como guías, coordinou o encontro

09 ago 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

Desde a escola rehabilitada de Orbellido partiu onte a ruta ornitológica pola paisaxe do encoro da Fervenza coordinada polo grupo naturalista Hábitat e e impulsada polo Concello de Vimianzo. Segundo dá conta o técnico Manuel Rial, completouse a capacidade xa a mediados de semana (é moi limitado, debido ao covid-19) e a proposta non só atraeu a participantes galegos senón tamén de máis alá, visitantes na zona da Rioxa ou Guipúzcoa. Algún, ata co seu propio telescopio, aínda que tamén os levaban os guías da proposta, Santiago e Óscar Vázquez. Varios foron os «momentos» desta cita, pero talvez á cabeza a observación dun cuco, «algo que os expertos din que hoxe é moi complicado». Non era tímido, ademais, aínda que non chegou a cantar. Golondrinas ou un colirrojo tizón, cun gato andándolle detrás, foron outras das especies vistas. Os participantes achegáronse así mesmo a Vilarrandío, aldea abandonada, en cuxo contorna verían cinco ou seis somormujos lavancos, así como unha garza real.