Traballadores sociais da zona reuníronse en Vimianzo

La Voz CARBALLO / LA VOZ

VIMIANZO

Participaron nunha reunión técnica da que saíron dous grupos de traballo

21 ene 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

Traballadores sociais de toda a comarca se reuniron este luns en Vimianzo para tratar temas relacionados co desempeño do seu traballo diario. Participaron técnicos de Vimianzo, Dumbría, Cabana, Laxe, Camariñas, Muxía, Santa Comba, San Sadurniño, Carballo, Mazaricos, Corcubión, A Laracha, Tordoia, Val do Dubra, Xermade e do DomusVi vimiancés. Nunha das partes da xornada contaron coa presenza de dous relatores: Gloria do Porto Piñón, traballadora social do hospital de Cee, e de Ana Guillén Vilanova, do CHUS.

A outra parte da xornada dedicouse a un traballo máis técnico e de posta en común de ideas e propostas. Da reunión, que volverá replicarse no mes de marzo, saíron dous equipos de traballo