Un rasca da ONCE deixou 7.500 euros nun bar de Treos

La Voz

VIMIANZO

CEDIDA

Levoullo un cliente habitual e desde entón no bar venderon bastantes rascas, por se se repite a sorte

07 dic 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

A sorte sorrí ao bar Casa Landeira de Treos, en Vimianzo, onde a ONCE vén de deixar un premio de 7.500 euros. Un cliente de sempre logrouno hai uns días nun rasca do xogo «7 e medio» e desde entón, sinalaba onte a xerente, Cristina Landeira, vendéronse unha chea cupóns máis no caso de que a sorte volvese deixarse caer por esta parroquia vimiancesa.