Vimianzo reforzarase para loitar contra a violencia de xénero

La Voz CARBALLO / LA VOZ

VIMIANZO

ANA GARCIA

A Xunta Local de Seguridade acordou onte reactivar os diferentes órganos institucionais e policiais de loita contra a violencia de xénero

01 novs 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

A Xunta Local de Seguridade de Vimianzo, presidida pola alcaldesa, Mónica Rodríguez, e a subdelegada do Goberno na Coruña, Pilar López-Rioboo, acordou reactivar os diferentes órganos institucionais e policiais de loita contra a violencia de xénero: Mesa de Coordinación Policial e Mesa Local de Coordinación Interinstitucional contra a violencia de xénero. Tamén se comentou a necesidade de que a Policía Local estea integrada no sistema Viogen de seguimento de vítimas, pois, a pesar de asinarse un convenio respecto diso en 2011, nunca chegou a facerse efectivo.

Doutra banda, os representantes das forzas de seguridade mostraron a súa preocupación pola «reiteración dalgúns sucesos recentes», a pesar de que o índice de criminalidade é moi baixo.