O Concello de Vimianzo dará 200 euros por cada nacemento ou adopción

La Voz CARBALLO / LA VOZ

VIMIANZO

ANA GARCIA

A partida total dispoñibles é de 8.000 euros

14 oct 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

A alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez Ordóñez, deu luz verde á convocatoria de axudas por cada nacemento (ou adopción) por parte de familias censadas en Vimianzo.

Esta convocatoria de axudas son para os titores legais cuxos vástagos teñan nacido ou teñan sido adoptados ou acollidos entre o 1 de setembro do 2018 e o 30 de setembro do 2019. Cada familia verase beneficiada cunha subvención de 200 euros. A partida total é de 8.000 euros.