O Concello de Vimianzo organiza o seu primeiro triangular de fútbol

M. R. CARBALLO / LA VOZ

VIMIANZO

CEDIDA

Celebrarase este domingo entre os tres equipos do municipio

20 ago 2019 . Actualizado ás 18:41 h.

O primeiro triangular Concello de Vimianzo verá a luz este domingo, a partir das 18.00 horas, no campo As Cabreiras. Reunirá aos tres equipos do muncipio (o Soneira, de Primeira Autonómica; o Baíñas, de Segunda, e o Castrelo, de Terceira), servindo así, tamén, de carta de presentación dos mesmos de cara á nova tempada.

Comezarán enfrontándose o Baíñas e o Castrelo. Posteriormente, entrará en liza o Soneira fronte ao perdedor do primeiro encontro. O último partido volverá medir ao Soneira contra o gañador do primeiro choque.

Cada enfreentamiento durará 45 minutos. A entrada será gratuíta.