Aparatoso accidente múltiple en Berdoias, Vimianzo

La Voz CARBALLO / LA VOZ

VIMIANZO

CEDIDA

Ademais, un vehículo saíuse da vía e acabou envorcando en Fisterra

23 jul 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Tres vehículos víronse implicados onte pola mañá nun accidente ocorrido na AC-552, á altura do cruzamento de Berdoias (Vimianzo), en dirección a Muxía. Segundo fontes da Policía Local, a causa do sinistro foi que un dos condutores saltouse un stop. Sete persoas foron trasladadas ao hospital Virxe da Xunqueira de Cee, tendo unha delas, ademais, que ser excarcerada, informaron Bombeiros de Cee.

Un vehículo saíuse da vía e acabou envorcado na AC-445, Fisterra

Pouco despois das catro da tarde, os bombeiros de Cee tiveron que acudir a outro incidente, na AC-445, entre Talón e Sardiñeiro. Un vehículo habíase saído da vía, polo carril contrario, e quedou envorcado sobre o seu teito. Resultou ferida a condutora, axudada en primeiro lugar por particulares e despois polos bombeiros, ata o seu traslado ao Virxe da Xunqueira polo 061.