Batallas gañadas

La Voz BERRO SECO

VIMIANZO

22 jul 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

O pasado sempre fascina. As festas históricas son un reclamo intelixente, pero teñen que ter unha base real. Corcubión ten o seu desembarco, un escenario propicio e a implicación de todo un pobo. De aí, o éxito, como en Vimianzo, onde a base histórica e o castelo arman unha celebración crible. Agora veñen outras na comarca que tamén teñen o seu punto no pasado. A historia é unha aposta segura. Son batallas gañadas.