Enterro en Carantoña dun mozo de 24 anos falecido en Suíza

Santiago Garrido Rial
S. G. Rial CARBALLO / LA VOZ

VIMIANZO

JORGE PARRI

Michael Torrisi Ameijenda residía en Valais, e a súa nai é do municipio de Vimianzo

15 abr 2019 . Actualizado ás 18:40 h.

Michael Giovanni Torrisi Ameijenda, de 24 anos (cumpriría 25 o mes que vén), foi enterrado hoxe luns pola tarde no cemiterio de Carantoña (Vimianzo), parroquia da que é natural a súa nai, Irma Ameijenda. Ás 16.30 estaba prevista a saída do tanatorio da Ponte do Porto (do Grupo Bergantiños), e o funeral a continuación en igrexa da localidade materna. 

O mozo faleceu en Sion, a capital do cantón suízo de Valais, o pasado día 8 deste mes. Naceu e criouse no país helvético, ao que a súa nai emigrou de moi nova, como tantos veciños desta zona zona de Soneira. O seu pai é de nacionalidade italiana. O suceso causou gran consternación nesta parte do municipio de Vimianzo e no veciño de Camariñas, sobre todo na Ponte do Porto, onde as relacións persoais e familiares son moi intensas.