Amador Pena defende unha nova marca na pedestre de Vimianzo

Melissa Rodríguez
melissa rodríguez CARBALLO / LA VOZ

VIMIANZO

INCLÚE ÁLBUM | Preto de 800 atletas tomaron a saída, a mellor participación

01 abr 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

O Circuíto Correndo pola Costa da Morte vai a máis co paso dos anos. No día de onte celebrouse a segunda proba da sexta edición no Concello de Vimianzo. Se xa as inscricións (976 deportistas) bateron a marca, defendido ata o momento pola propia localidade de Soneira, tamén o fixo a participación, que andou moi preto dos 800 corredores. E xa postos, o santiagués Amador Pena, moi vinculado á comarca precisamente polo atletismo, foi a guinda do pastel ao impor unha nova marca na proba absoluta de 10 quilómetros cun tempo de 32 minutos e 55 segundos. O ano pasado, a mellor marca nesta categoría logrouna o lucense Toño Teijido (33:32) no mesmo circuíto vimiancés homologado pola Federación Galega de Atletismo. «Pese a que afrontou a recta final antes de entrar en meta en solitario, fíxoa en sprint. Víase que quería facer un bo tempo», comentou o técnico de Deportes de Vimianzo, Víctor Santos.

O encargado do desenvolvemento da carreira comentou así mesmo: «Estamos moi contentos coa participación e, tamén, co transcurso da proba, sen incidentes, con moi boa temperatura para correr pese a que fixo unha mañá soleada e acorde ós horarios establecidos». Entre voluntarios e Protección Civil, unhas 60 persoas velaron pola seguridade dos atletas. Non faltaron habituais como a pequena Sara Vieites ou o veterano Paco Brea, pero si outros como os locais Damián Espasandín ou Teresa Castro, que se atopaban concursando en competicións nacionais e mundiais.

Clasificacións

ABSOLUTA 10K

Corredor / Tempo

Amador Pena (sénior) 32:55

Abdelaziz Fatihi (sénior) 34:11

Juan Álvarez (veteranos M40) 34:17

Noel Fernández (veteranos M40) 34:20

David Calzas (sénior) 34:53

Rubén Insua (sénior) 34:55

Luís M. Antelo (veteranos M40) 34:59

Javier Seoane (veteranos M40) 35:02

Javier Novo (sénior) 35:42

Adrián Rojo (sénior) 35:50

Jose A. Vidal (veteranos M40) 36:02

Nava González (sénior) 36:18

Jose A. Gómez (veteranos M40) 36:28

Iván Rego (sénior) 36:35

Juan Castiñeira (veteranos M40) 36:36

Marcos Campos (sénior) 36:51

Josecho González (sénior) 37:03

Boni González (veteranos M40) 37:05

Kiko Lago (veteranos M40) 37:10

10K CATEGORÍA FEMININA

Corredora / Tempo

Tina Fernández (sénior) 38:31

María González (sénior) 39:37

Natalia Rivas (veteranas M40) 44:06

Silvia Mariño (veteranas M40) 44:12

3K CONTRA O CANCRO

Corredor / Tempo

Martín Regueira (sénior) 11:10

Carlos Fraga (sénior) 11:45

Alberto Carballo (sénior) 11:47

Marko Formoso (sénior) 11:53

Marcos Ferreiro (sénior) 12:07

Nicolás Iglesias (sénior) 12:10

Brais Mouzo (sénior) 12:18

Javier Paradela (sénior) 12:25

Carlos E. Añón (sénior) 12:27

Carlos Caneda (sénior) 12:29

Marco Castiñeira (sénior) 12:33

Alberto Pombo (sénior) 12:37

Asier Vázquez (sénior) 12:52

Dimas Búa (sénior) 12:55

Raúl Barbeito (sénior) 13:12

Martín Vidal (sénior) 13:21

Iván Pardal (sénior) 13:23

Fran Lago (sénior) 13:25

Fernando Casal (sénior) 13:34

3K CATEGORÍA FEMININA

Corredora / Tempo

Apolonia Bermúdez (sénior) 14:38

Lupe Lodeiro (sénior) 14:58

Alicia García (sénior) 15:43

VEHÍCULO ADAPTADO

Corredor / Tempo

Luís M. Bardanca (sénior) 37:13

XUVENIL POR SEXOS (3K)

Corredor / Tempo

Cristian González 12:50

Iria Varela 17:31

CADETE POR SEXOS (3K)

Corredor / Tempo

Miguel Quintáns 12:30

Alejandra Formoso 13:56

INFANTIL POR SEXOS (3K)

Corredor / Tempo

Jose M. Negreira 13:13

Alexia Rama 14:54

ALEVÍN POR SEXOS (600M)

Corredor / Tempo

Pablo Costa 4:38

Jimena Outes 4:55

BENJAMÍN POR SEXOS (600M)

Corredor / Tempo

Sabela Raposo 2:22

Gonzalo Ramos 2:26