Antelo presenta a súa lista para revalidar a alcaldía de Vimianzo

Juan Ventura Lado Alvela
J. V. Lado VIMIANZO

VIMIANZO

ANA GARCIA

Agradece o traballo de Mancebo e Ramos, pero déixalles varios recados

16 feb 2019 . Actualizado ás 20:17 h.

Xusto despois de que o tenente de alcalde, Fernando Mancebo, e a concelleira María José Ramos, anunciasen a súa dimisión con críticas ao personalismo do alcalde, Manuel Antelo reuniu este domingo en asemblea aos simpatizantes de Adiante Vimianzo e anunciou a súa candidatura para as municipais. Unha lista na que repiten catro dos actuais integrantes e na que entran moitas caras novas para propor un equilibrio paritario, a representación de todas as parroquias e dun amplo espectro social. O obxectivo é reeditar o goberno e, para iso, son «consicientes dá necesidade de acadar a maioría absoluta», en clara referencia a que PSOE e PP pactarán para desaloxalos se lles dan os números.

Antelo agradeceu o traballo de Mancebo e Ramos, aínda que tamén lles deixou varios recados. «Somos un grupo, somos un proxecto, e as persoas estamos ao servizo deles, non ao revés», asegurou, ademais de reivindicar que «un proxecto que non é de ninguén en particular, senón de moitas persoas» e pór tamén en valor o seu traballo. «Eu hoxe son candidato, antes traballei arreo polo proxecto, e algún día outra persoa terá que asumir este posto», concluíu Antelo.

A lista completa:

1-Manuel Antelo Pazos (Vimianzo)

2-Martas Rey Lema (A Piroga)

3-Uxío Vidal Quintáns (Baíñas)

4-Marías Jesús Babeira Pose (Salto)

5-Francisco Trillo Pazos (Carnés)

6-José Antonio Vidal Mira (Pasarela)

7-Adela Rodríguez Costa (Berdoias)

8-Jaime Blanco Roget (Cambeda)

9-Estephanie Castro Oanes (Carantoña)

10-Manuel Lorenzo Hermida (Serramo)

11-Vanesa Pazos Touriñán (Carnés)

12-Francisco Javier García Pouso (Baíñas)

13-Ana María Pastoriza Antelo (Bamiro)