A escavación das Barreiras mostras xa as estruturas e van aparecendo cerámicas

La Voz CEE / LA VOZ

VIMIANZO

O equipo de arqueólogos e demais técnicos liderado por Tito Concheiro segue realizando descubrimentos verdadeiramente rechamantes

15 feb 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Xa sen a molesta choiva dos primeiros días, o equipo de arqueólogos e demais técnicos liderado por Tito Concheiro, segue realizando descubrimentos verdadeiramente rechamantes no Castro dás Barreiras, en Ogas (Vimianzo), pegado á comarcal AC-552. O que máis destaca a nivel visual, mesmo para os profanos, son as estruturas de dúas construcións, unha de forma circular e outra máis ben ovalada, que os arqueólogos xa advertiran nun primeiro momento, pero agora obsérvanse de xeito definido.

Por outra banda, non pairan de sucederse os achados de restos sobre todo cerámicos, que terán que ser posteriormente obxecto dun estudo pormenorizado no laboratorio, para consolidar o relato histórico, que, en último termo é o que perseguen estas actuacións. Pero, tal como difundiron na páxina da escavación destaca o bordo decorado con círculos concéntricos e formas de soles dun recipiente de tamaño considerable, que creen que podería estar decorado no seu conxunto e non unicamente na boca.