Polémica pola contratación do SAF e a recollida do lixo en Vimianzo

La Voz CARBALLO / LA VOZ

VIMIANZO

M. R.

Intercambio de críticas entre Mónica Rodríguez e Manuel Antelo

22 jul 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

A contratación do servizo de axuda no fogar e a recollida do lixo volveron a enfrontar á portavoz de IxV e candidata polo PSOE á alcaldía de Vimianzo, Mónica Rodríguez, e ao rexedor, Manuel Antelo. Rodríguez dixo que tanto o SAF como o lixo foron adxudicados á mesma persoa, o que supón, segundo ela, «unha sospeita das privatizacións do señor Antelo», ademais de preguntarse «si é algunha estratexia para beneficiar aos vimianceses ou entra dentro dos intereses persoais do señor Antelo».

O alcalde contestou: «Pensa o ladrón que todos son da súa condición». Defendeu os procesos alegando que «houbo concorrencia de empresas e informes técnicos favorables». E tirou con bala contra Rodríguez: «A súa empresa executou, sen ningún tipo de contrato, a obra da Casa da Cultura, de 800.000 euros».