Faleceu na Coruña a mestra vimiancesa Clarisa Miñones

La Voz CARBALLO / LA VOZ

VIMIANZO

Exerceu en escolas de Corcoesto e A Laracha, entre outras

22 may 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

Clarisa Miñones Santos, mestra xubilada nada en Castromil (Salto, Vimianzo), faleceu onte na Coruña, onde vivía desde hai moito tempo. A profesora exerceu en varias escolas de Bergantiños, entre elas as de Corcoesto (Cabana) e A Laracha, así como en Arteixo, entre outras localidades da contorna da Coruña. Durante moito tempo era moi habitual vela conducindo o seu Seat 600 para desprazarse ao seu posto de ensino.

Era viúva de Calixto de la Fuente Periscal, Calixto do Panadeiro, tamén de Vimianzo, e que foi taxista na Coruña. Clarisa foi irmá do exconcelleiro do PSOE de Vimianzo, Jesús Miñones, e tía do tamén exedil socialista Antonio Miñones Riveiro, no mesmo concello. Era cuñada do empresario naval da Coruña Antonio Valiña, así mesmo vimiancés de nacemento.