Cinco millóns de cupóns da ONCE co percebe do Roncudo

Somos Mar CARBALLO / LA VOZ

PONTECESO

Ana García

Corresponde ao sortedo do 10 de xullo e terá un premio principal de 300.000 euros

30 jun 2022 . Actualizado ás 04:47 h.

A ONCE, o Concello de Ponteceso e a confraría de pescadores de Corme presentaron onte na localidade o cupón que ilustrará a Festado Percebe  o próximo 10 de xullo e que repartirá un premio principal de 300.000 euros, ademais doutros moitos. Poranse á venda cinco millóns e medio de boletos, coa repercusión do municipio e a celebración que iso suporá. Trátase de o sueldazo da fin de semana.

Cinco crustáceos representan o manxar do cabo Roncudo. É un feito «histórico» para a localidade, afirmaron onte no acto. O rexedor, LoisGarcía , garantiu a seguridade con un dispositivo especial, e lembrou, así mesmo, que é unha cita ao aire libre. Tamén destacou o esforzo e entrega da confraría para a realización dos festexos.