Verónica Villa , no Club de Ciencia do IES Eduardo Pondal

La Voz CARBALLO / LA VOZ

PONTECESO

Investigadora do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías, departiu co alumnado

23 oct 2021 . Actualizado ás 05:00 h.

O Club de Ciencia do instituto Eduardo Pondal de Ponteceso organizou unha charla a cargo de Verónica Villa , investigadora do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías. Tratou as ondas gravitacionales, pero tamén respondeu preguntas sobre buracos negros e misterios do Universo.