Máis prazo para o concurso fotográfico do Melga e Lareira Cee

La Voz CARBALLO / LA VOZ

PONTECESO

BASILIO BELLO

É un certame asociado á exposición Xogos e deportes tradicionais en murais de azulexo

03 ago 2021 . Actualizado ás 05:00 h.

Aínda que era esta pasada fin de semana cando remataba o prazo de entrega de imaxes para o concurso sobre os Xogos e deportes tradicionais en murais de azulexo, promovido polo Concello de Ponteceso, Lareira Cee, Fundación Ricardo Pérez e Verdes e Melga, decidiuse prolongar o período ata o 15 de setembro. Dáse así máis opcións aos afeccionados e profesionais interesados en participar no certame, convocado co gallo de a inauguración dunha exposición ao aire libre no campo de xogos do centro cultural pontecesán, precisamente sobre xogos e deportes tradicionais en murais de azulexo. Consideran desde a organización que poden chegar máis traballos. Si están moi satisfeitos coas votacións que realizan os visitantes, que han de elixir os que, ao seu xuízo, son os tres mellores murais: xa van máis de 200.

Desde o Melga celebran así mesmo como ha ir o mes de xullo , cun gran éxito tanto das visitas particulares como das guiadas.