Asfaltada a estrada de Vilasuso a Talo, en Ponteceso, con fondos Agader

La Voz CARBALLO / LA VOZ

PONTECESO

CONCELLO DE PONTECESO

O goberno local traballa tamén no acceso a Agra de Carballido, en Graña

06 may 2021 . Actualizado ás 05:00 h.

O Concello de Ponteceso comprobou a limpeza previa de Vilasuso en dirección Tallo para acometer os traballos de asfaltado nesa estrada. O alcalde, apuntou que «o tramo é insuficiente, hai que arranxar ata a Bugalleira, onde puxéramos tubos e lle déramos ancho á pista. Pero este tramo é un paso adiante». Doutra banda, o goberno local traballa no acceso a Agra de Carballido, na parroquia de Graña, para mellorar a súa conexión con Cerdeira.