Conversacións en inglés no corazón cultural de Ponteceso

La Voz CARBALLO / LA VOZ

PONTECESO

Martes e xoves de cada semana reúnese na biblioteca un grupo moderado por Jaime Morett

17 abr 2021 . Actualizado ás 05:00 h.

Cultura e aprendizaxe seguen latexando na Costa da Morte. En Ponteceso , os martes e xoves de cada semana, están a reunirse na biblioteca municipal un grupo de persoas co fin de practicar unha conversación informal en inglés. O voluntario sénior Jaime Morett é a persoa que se encarga da moderación dos encontros, informou o Concello.