Construción dun gran muro en Niñóns, Ponteceso, para unha maior seguridade viaria

La Voz CARBALLO / LA VOZ

PONTECESO

Ten 45 metros de longo e 3 de alto: o seu arranxo era demandado polas entidades da contorna

15 abr 2021 . Actualizado ás 23:28 h.

A construción dun muro de contención (45 metros de longo e 3 de alto) e o futuro arranxo dunha vía de Niñóns , Ponteceso, evitará «o que podía ser un posible accidente coa caída do camión do lixo», informou o Concello. As obras, financiadas pola Deputación, son a principal demanda das asociacións de Brantuas e Niñóns, así como da Confraría do Faro. O ensanche é posible grazas á cesión desinteresada dun veciño de Niñóns.