Faleceu o cesteiro Xusto Veiga Vitureira, aos 98 anos de idade

La Voz

PONTECESO

Jose Manuel Casal

O funeral de corpo presente e o enterro oficiáronse na tarde de onte, en San Martín de Cores

23 ene 2021 . Actualizado ás 05:00 h.

Xusto Veiga Vitureira, O Cesteiro, viúvo de Esperenza García Cousillas, faleceu este pasado mércores, aos 98 anos de idade. Durante moitos anos, como onte lembraba a Fundación Eduardo Pondal, participou na Feira de Artesanía do Couto (Ponteceso). O funeral de corpo presente e o enterro oficiáronse na tarde de onte, en San Martín de Cores.