En redacción o proxecto para unha nova senda en Ponteceso

La Voz CARBALLO / LA VOZ

PONTECESO

José Manuel Casal

Irá na AC-421, entre o núcleo de Xornes e a igrexa de San Xoán

29 sep 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

A Consellería de Infraestruturas acaba de adxudicar a redacción do proxecto da senda na estrada AC-421, entre Xornes e a igrexa de San Xoán, en Ponteceso. O contrato foi adxudicado ao consultor Marcos Pose Andrade por 18.000 euros e seis meses de prazo.

A senda, proxectada entre os puntos quilométricos 12,037 e 13,200 persegue darlle continuidade ao itinerario construído no 2017 entre Xornes, Buño e Canta a Ra.