Primeira visita guiada en grupo do 2020 ao Melga pontecesán

La Voz

PONTECESO

Foron os alumnos do curso de monitores de tempo libre de Cabana

04 jul 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

Con máscara, distancia e respectando a capacidade máxima de 20 persoas, o Melga de Ponteceso acolleu o xoves a primeira visita guiada en grupo deste 2020, un novo tempo tras o confinamento. Foron alumnos do curso de monitores de tempo libre de Cabana, coa súa directora, María Martín: 19 mulleres e un home.