O Ponteceso celebra a súa asemblea xeral mañá

m. r. CARBALLO / LA VOZ

PONTECESO

BASILIO BELLO

Exporá as contas da presente tempada así como o orzamento para a próxima

02 jul 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

Non é tempo de competicións, pero si de asembleas. Son moitas as entidades deportivas da comarca que se están reunindo estes días, sobre todo, para escoller directiva. Non é o caso do Ponteceso, que celebrará a súa xunta anual mañá, ás 20.30 horas, no campo de fútbol O Pinguel para tratar outros temas. A directiva, encabezada por Álvaro Domínguez, exporá as contas da presente tempada así como o orzamento para a próxima. Por outra banda, fará unha memoria das actividades realizadas. Desde o club invitan a acudir aos socios para que propoñan novas ideas coa intención de seguir mellorando. Lembran, ademais, que para asistir é obrigatorio o uso da máscara. O Ponteceso acaba de ascender a Primeira Autonómica.