A Xunta restablece os servizos de autobús entre Ponteceso e A Coruña

La Voz CARBALLO / LA VOZ

PONTECESO

BASILIO BELLO

Ademais, aumentaron das frecuencias diarias de cinco a sete

01 jul 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

A Xunta de Galicia restablece desde hoxe a totalidade dos servizos de autobús entre Ponteceso e A Coruña, aumentado de forma paralela, de cinco a sete, as frecuencias diarias.

Unha vez levantadas as restricións como consecuencia da pandemia provocada polo covid-19, o Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou onte a resolución da Dirección Xeral de Mobilidade, que establece que a partir de hoxe deber repor ao 100% dos servizos de autobús de competencia autonómica e dentro da mesma provincia.

Co restablecemento de todas as liñas e frecuencias, a partir de hoxe os usuarios disporán de dúas saídas de Laxe (8.00 e 12.45 horas), unha de Corme (7.30 horas) e catro desde A Coruña (11.25, 15.00, 16.00 e 18.15 horas, respectivamente). Todos estes traxectos se efectuarán, segundo confirmaron no Goberno autonómico, as súas correspondentes paradas en Ponteceso.

Por outra banda, a Xunta de Galicia, e no marco do novo plan de transporte público da comunidade autónoma, está nos trámites de licitación do contrato dos servizos de autobús para o norte das comarcas de Fisterra, Bergantiños e A Coruña, que inclúe as citadas expedicións entre Ponteceso e a capital herculina.