Amor e Reñé, noite de concertos de luxo na Costa da Morte

La Voz

PONTECESO

BASILIO BELLO

Actuaron en Ponteceso e no Casino 1889, respectivamente

08 dic 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Salvador Amor repetiu concerto en Ponteceso da man da iniciativa Ponteceso Cultura Permanente, que xa trouxo ao cantautor madrileño no mes de maio para actuar xunto co seu pai, Rafael Amor. Nesta ocasión deu un concerto na Cervexería O Pazo, en Pazos, onde os asistentes puideron gozar dunha degustación de viños das adegas Celeirós.

BASILIO BELLO

Persoal de Ponteceso Cultura Permanente agradeceu a colaboración de Gadis, así como o apoio de veciños, empresarios e tamén das Administracións.

E á vez que Amor facía as delicias dos seus oíntes en Ponteceso, o arxentino Pedro Reñé facía o propio no Casino 1889 de Carballo. Alí presentou o seu novo álbum «Andar», con temas propios e versións, como tamén o seu libro de historias «Un minuto antes de ser persoa».