Limpeza, por parte da Deputación, da nova leira adquirida en Balarés

La Voz

PONTECESO

De 30.000 metros cadrados, será destinada a aparcadoiro de vehículos

21 ago 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

A Deputación da Coruña efectuou a limpeza da nova leira de 30.000 metros cadrados adquirida en Balarés (Ponteceso) para ser destinada a aparcadoiro de vehículos. Xa o pasado mes de maio dábase conta da aprobación, por parte do Servizo de Patrimonio e Contratación do organismo provincial, do prego de cláusulas para a compra da parcela.