Ferido un pontecesán ao envorcar o tractor co que traballaba

La Voz CARBALLO / LA VOZ

PONTECESO

BASILIO BELLO

Sucedeu onte próximas as oito e media da tarde, en Langueirón. Case á mesma hora, un vehículo impactaba con outro en Cee

21 ago 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Un veciño de Tella duns 70 anos de idade resultou onte pola tarde ferido nunha perna ao envorcar o tractor co que traballaba unha leira da súa propiedade no lugar de Langueirón, en Ponteceso. O vehículo levaba unha hileradora e debido a que orilló demasiado, as rodas perderon agarre e caeu de lado. O tractor tiña cabina, o que puido ser determinante para que o accidente non fose máis grave. O home foi trasladado ao hospital en ambulancia. Acudiron tamén integrantes de Protección Civil.

Choque en Cee

Practicamente á mesma hora, sobre as 20.25, un vehículo que abandonaba o seu estacionamento na avenida Fisterra de Cee impactou contra outro coche que circulaba polo seu carril. Por prevención, unha nena foi traslada ao hospital, informou a Policía Local.