Dúas oportunidades para doar sangue ao longo desta semana na comarca

La Voz

PONTECESO

BASILIO BELLO

Hoxe estará unha unidade móbil en Camariñas, e o mércores, en Ponteceso

17 jun 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Unha unidade móbil da Axencia Galega de Doazón de Sangue (ADOS) desprazarase esta tarde ata Camariñas, onde permanecerá aparcada fronte á confraría de pescadores (no acceso á lonxa) en horario de 16.30 a 21.00 horas. Doutra banda, o mércores, outro autobús estará dispoñible en Ponteceso para que todo aquel que o desexe poida facer as súas doazóns. Estará estacionado na Praza do Recheo de 16.30 a 21.00 horas.