Aberto o prazo para os campamentos de conciliación do verán en Ponteceso

La Voz

PONTECESO

Celebraranse nos meses de xullo e agosto e están dirixidos a nenos de entre 4 e 12 anos

17 jun 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Desde hoxe e ata o día 24 permanecerá aberto o prazo de inscrición para participar nos campamentos de conciliación que este verán pon en marcha o Concello de Ponteceso. Deseñados para favorecer a conciliación laboral e persoal das familias con fillos de entre 4 e 12 anos, celebraranse nas mañás dos meses de xullo e agosto. Anotarse no departamento de Educación Familiar ou na Oficina Municipal de Corme.