Clausurados os obradoiros do programa Ponteceso Activo

La Voz CARBALLO / LA VOZ

PONTECESO

Ana Garcia

Entregados os diplomas aos asistentes, un acto celebrado na biblioteca municipal

15 jun 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

A concellaría de Servizos Sociais de Ponteceso deu por clausurado o mércores, na biblioteca municipal, os diferentes obradoiros levados a cabo este curso baixo a epígrafe de Ponteceso Activo. A festa de despedida e entrega de diplomas, un acto aberto a todo aquel que quixo participar, fíxose coincidir tamén co fin do curso de cociña saudable.