Alcaldes de toda a provincia se unirán para promocionar xuntos o seu chan industrial

La Voz CARBALLO / LA VOZ

PONTECESO

JOSE MANUEL CASAL

Rexedores Ponteceso, Arteixo, Carballo, A Laracha, Oleiros, Curtis, Cerceda e Bergondo reuníronse onte

09 abr 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Os alcaldes de Ponteceso, Arteixo, Carballo, A Laracha, Oleiros, Curtis, Cerceda e Bergondo reuníronse onte no Club Financeiro da Coruña para valorar diferentes actuacións a levar a cabo de cara a promocionar de forma conxunta o chan industrial da zona, no marco do Plan de Promoción Industrial impulsado pola Cámara de Comercio.

Segundo informaba onte o rexedor pontecesán, Lois García Carballido, a idea é crear unha asociación de promoción industrial e lograr a captación de empresas por todo o mundo para que se asenten nos parques dos concellos implicados.

Propúxose, entre outras cousas, estar presentes nas feiras máis importantes do sector -alí onde se move realmente o capital investidor- e tomar como exemplo o conseguido no porto coruñés, onde lograron captar ás principais compañas de cruceiros do mundo.