Máis dun millón de euros en obras de asfaltado en Ponteceso

La Voz CARBALLO / LA VOZ

PONTECESO

Ana Garcia

Tras finalizar as actuacións en dez puntos da rede viaria, en breve comezarán os traballos en Limiñoa

19 mares 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

O Concello de Ponteceso inviste máis dun millón de euros en mellora de asfaltado. Tras finalizar as actuacións en dez puntos da rede viaria, en breve comezarán os traballos en Limiñoa, onde se está a piques de concluír as obras de saneamento e abastecemento. De forma paralela, o goberno local adxudicou novas actuacións en Tella, Cospindo, Brantuas, Niñóns, Talo, Nemeño e Xornes.