Ganas de Carreira Popular Faro Roncudo: inscritos nas primeiras horas

La Voz CARBALLO / LA VOZ

PONTECESO

Ana Garcia

Organizada pola concellaría de Deportes de Ponteceso, está prevista para o próximo 6 de abril

18 mares 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Nada máis abrirse o prazo, xa chegaron as primeiras inscricións (36, a media tarde de onte). Parece que a Carreira Popular Faro Roncudo nace con éxito, en tanto que esta, prevista para o 6 de abril, será a primeira edición. Organiza o encontro (para maiores de 16 anos) a concellaría de Deportes de Ponteceso, en colaboración coa Federación Galega de Atletismo, a Deputación da Coruña e as asociacións locais Vidú e Abellariza. 

A cita deportiva arrincará ás 20.00 horas e ten un percorrido de 6,2 quilómetros, cunha duración máxima dunha hora. Segundo explica o edil de Deportes, Marco Varela, trátase de «unha carreira popular por asfalto, xa que transcorre pola estrada que vai dende a Praza da Ribeira en Corme ata o Faro Roncudo, ida e volta». 

O prazo de incripción estará aberto hasta o 4 de abril ás 23.59 horas (pode facelo picando aquí) e hai establecidas seis categorías, todas elas nas modalidades masculina e feminina: 

  • Carreira adaptada: handbike
  • Carreira adaptada: cadeira de atletismo
  • Sub 18 (anos 2003, 2002)
  • Sénior (2001-1985)
  • VI 1984-1974 (35-45)
  • V2 1973 (+=46)

A retirada de chips e dorsais realizarase nun espazo habilitado na Praza dá Ribeira, a partir das 18.00 horas, e estará aberta ata 30 minutos antes do arranque da carreira. Haberá premios para os tres primeiros clasificados en cada categoría, así como para o atleta local de maior idade.