San Valentín fixo paradas en Carballo e en Ponteceso

La Voz CARBALLO / LA VOZ

PONTECESO

ANA GARCIA

Escolares do San Luís Romero montaron un posto na praza e en terras de Pondal animou o Concello a repartir amor

15 feb 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

San Valentín, o santo dos namorados, acaparou onte moitas das conversacións e das imaxes da xornada. Axudaron iniciativas como as dos alumnos de sexto de colexio Xesús San Luís Romero de Carballo, que instalaron no mercado un posto con obsequios varios, parte dun proxecto para estimular o emprendimiento.

O Concello de Ponteceso, pola súa banda, impulsou unha curiosa iniciativa polo 14 de febreiro: «Ponteceso quéreme ben» tratou de forxar unha cadea humana de afecto e amor para divulgar polo municipio o bo trato e as relacións afectivas. Repartíronse 1.500 adhesivos que animan a dar abrazos, halagos, bicos, caricias e sorrisos. Especial fincapé fíxose entre os escolares.