O Melga abriu tempada de visitas con alumnos do CPI de Zas

La Voz CARBALLO / LA VOZ

PONTECESO

Uns 110 estudantes deste centro pasaron o luns por Ponteceso. O mércores fixérono desde o Castro British School da Coruña

15 feb 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

«Un bo inicio de visitas guiadas, cun grupo excelente», conta Ricardo Pérez e Verdes desde o Museo Etnolúdico de Galicia, o Melga, situado en Ponteceso. Talvez teñan botado de menos as súas crónicas neste arranque do ano, pero é que o mes de xaneiro dedícase, en gran medida, á revisión xeral das salas do museo: restauración de pezas, orde, planificación do 2019... En fin, que foi este pasado luns cando os percorridos con escolares puideron empezar de novo nas instalacións. Os primeiros en facelo foron 110 alumnos chegados desde o CPI de Zas -por vez primeira-: tiñan entre 3 e 11 anos. Lamenta Pérez e Verdes que a sesión non puidese ser máis longa, pois foi do agrado de todos.

Unhas 48 horas despois, estudantes do Castro British School da Coruña achegábanse ata Ponteceso: para este centro era xa a terceira ocasión.